Reunión entre Mariño e Vilas para un posible pacto pola alcaldía de Ribeira

04 Xuño 2019

Segundo fontes fidedignas consultadas polo Barbanza, Vicente Mariño de Bricio e José Manuel Vilas Álvarez, cabezas de lista do PBBI e PSdeG-PSOE respectivamente, mantiveron unha reunión nun local hostaleiro do municipio ribeirense. Ao parecer, estarían achegando posturas para un posible pacto que posibilitase o cambio da alcaldía.

Así mesmo, tentarían acadar o apoio do BNG, a pesar de que estes celebraron o sábado unha asemblea local na que aprobaron a abstención do partido no pleno de investidura, ao mesmo tempo que ratificaron a Xosé Vázquez Cobas como líder da formación.

Coméntase que Vicente Mariño estaría disposto a cederlle a alcaldía aos socialistas ou aos nacionalistas co obxectivo de facilitar o cambio na alcaldía. Os socialistas ribeirenses celebrarán este venres unha xuntanza para decidir a súa postura cara a elección de alcalde o sábado dia 15. 

Outros artigos

Ribeira honrará as redeiras polo Día Internacional da Muller do Mar

O día 18 de maio celebrarase o Día Internacional da Muller no sector marítimo e Ribeira quere festexalo rendendo homenaxe ás mulleres que fixeron posíbel, co seu imprescindíbel traballo técnico dende terra (principalmente), o desenvolvemento pesqueiro e económico de...

+

Ribeira presenta a IV Andaina Solidaria Contra o Cancro

O concelleiro de deportes, Xabier Vidal, e a presidenta da Asociación, María José Carreira presentaron este venres 9 de maio a cuarta ediciónda Andaina Contra o Cancro organizada pola Asociación Española contra o Cancro en Ribeira. A cita será o vindeiro 24 de maio;...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.