Liñas Compartidas revoluciona os modelos tradicionais da creación literaria

20 Xuño 2019
Un intre do peche do obradoiro literario de Rianxo/Imaxe de Barbantia

20190620 O panorama comarcal de publicacións literarias é unha gráfica ascendente. Non só pola calidade das propostas, senón tamén, pola cantidade das e dos principais responsábeis dos lanzamentos: as escritoras e escritores. Precisamente por estas dúas características, calidade e cantidade, salienta a publicación Liñas Compartidas, que vén de saír do prelo da man do selo noiés Toxosoutos.

Para quen o saiba, Liñas Compartidas é o froito dun traballo colectivo de creación realizado ao abeiro do Obradoiro de Escrita Creativa de Rianxo (organizado pola AELG, co patrocinio da Deputación da Coruña e da Xunta e para o que se contou coa colaboración do propio Concello). Foi, en certa maneira, como aplicar á literatura as novas metodoloxías de traballo colaborativo: coworking literario.

Á fronte do obradoiro, coordinándoo, atopábase un dos nosos grandes autores actuais, Antón Riveiro Coello, senlleiro escritor limiao afincando en Boiro. O resultado foi cualificado de éxito dende moitas frontes, incluído o prestixioso blog Caderno da Crítica que comanda Ramón Nicolás, onde se puxo o foco no “talento do libro” e nos máis que relevantes detalles que xorden de ter xuntando tantas e tan diferentes voces e perspectivas: “Vinte e dúas novas voces que constitúen unha valiosa canteira para a nosa literatura”.

Trátase das seguintes autoras e autores: Aida Barros Ces, Ana Belén Noya Ordóñez, Antón Nuñez Millán, Begoña Miguéns García, Carlos Descalzo Ferradáns, Carme Toba Trillo, Carmen de Milmanda, Iria Figueira Villanustre, Luís Miguel Ramos Silva, Marina Losada Vicente, Mauricia Ces Quintáns, Moisés Suárez Abel, Mónica González Alonso, Natividad Rey Ordóñez, Nela Valado, Noelia Toledano, Óscar Reboiras Loureiro, Pepa Martínez Vicente, Ramiro Ouviña Ouviña, Rebeca R. Viturro, Rita Sánchez Dosil e Uxía Otero Dios. Toda a sorte do mundo para estas novas voces.

O obradoiro do que abrollou Liñas Compartidas desenvolveuse entre setembro e outubro do pasado ano. Como dato salientábel, no se quixo desaproveitar nada do carácter aberto, experimental e participativo da obra, alentando a autoría colectiva dalgunhas creacións, que se converteron en escrita de até seis novos talentos literarios. Estes contos son Alén dos Alén, Mar de papel enxurrado, O can de Caín e O viaxeiro das estrelas. O resultado final: máis de 400 páxinas que son a milagre dunha “fermosa experiencia colectiva”.

Outros artigos

Este sábado 12 comezan as Festas do Carme de Cabo de Cruz

Esta fin de semana e boa parte da semana que vén celébranse en Cabo de Cruz (Boiro) as Festas do Carme edición 2025, unhas celebracións na honra da patroa da xente do mar, a Virxe do Carme, que xunta actividades relixiosas, culturais e festeiras e que este ano vén cun...

+

O PSOE de Rianxo propón un plan municipal de inclusión infantil

O Grupo Municipal Socialista presentou no último pleno da Corporación local unha moción para a elaboración dun Plan Municipal de Inclusión Infantil, en palabras da agrupación "unha proposta pioneira na comarca que busca garantir a participación de todos os nenos e...

+

Este sábado celébrase o XXXV Festival Folclórico de Escarabote

Este sábado 12 de xullo vaise celebrar a XXXV edición do Festival Folclórico de Escarabote, a partir das 21.00 horas, no porto da dita vila mariñeira. A cita, unha reivindicación da música, o baile e a cultura tradicionais da nosa terra, será organizada pola AC Pedra...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.