20190625
Este 28 de xuño van ter facianas visĂbeis as creadoras e creadores audiovisuais que participan no certame Youtubeiras.gal, o concurso impulsado por unha manchea de concellos (Rianxo, A Coruña, Santiago, Teo, A Baña, Ames, Carballo, Cedeira, O Grove, Moaña, Ourense, Ribadeo e Pontevedra), as tres universidades galegas e a DeputaciĂłn da Coruña para invadir as redes con vĂdeos en galego. Estamos a falar do encontro Lista de reproduciĂłn o vivo, que se desenvolve no edificio CEA da Universidade de Santiago (Finca de Vista Alegre), entre as 18.00 e as 20.00 horas. Segundo informa o Concello de Rianxo, serĂĄ unha oportunidade moi acaĂda para coñecermos os principais youtubeir@s do momento. IncluĂdas as integrantes da comunidade local Youtubeir@s Rianxeir@s.
En palabras das ditas entidades, o encontro quere ser fundamentalmente iso: un encontro, neste caso entre a comunidade creadora dixital youtubeira e o pĂșblico. En boa medida, serĂĄ como transformar o talento trala cĂĄmara en xente de carne Ăłso coa que falar e debater.
O nĂșmero de prazas para participar na Lista de reproduciĂłn ao vivo do dĂa 28 Ă© limitado, polo que os e as interesadas deberĂĄn inscribirse antes do 26 de xuño enviando un correo electrĂłnico a formacion@youtubeiras.gal.
Youtubeir@s chega este ano ĂĄ sĂșa terceira ediciĂłn baixo o lema ConĂ©ctate ĂĄ comunidade e multiplĂcate, co que busca non sĂł aumentar o nĂșmero e a calidade de vĂdeos e persoas creadoras en galego, senĂłn tamĂ©n fortalecer as conexiĂłns e as interrelaciĂłns da comunidade youtubeira. Con este obxectivo, nos Ășltimos meses desenvolvĂ©ronse varios obradoiros e charlas en diversos centros de secundaria, e programĂĄronse dous encontros durante este mes de xuño.
O segundo destes obradoiros celebrarase o 28 de xuño, entre ås 18.00 e ås 20.00 horas no Centro de Estudos Avanzados da USC, situado na Finca de Vista Alegre de Santiago de Compostela.
Segundo informan as entidades organizadoras, esta Lista de reproduciĂłn ao vivo emularĂĄ as bibliotecas viventes ou mesmo as partidas de xadrez simultĂĄneas, de xeito que as persoas creadoras agardarĂĄn no seu posto as visitas dos/as espectadores/as. Desta maneira e seguindo o fĂo desta fĂłmula, cada youtubeir@ levarĂĄ temas preparados para analizar e o pĂșblico, que irĂĄ rotando entre os diferentes postos, poderĂĄ realizar preguntas e interactuar cos vĂdeos vivos. Cada un destes encontros durarĂĄ un mĂĄximo de 20 minutos. Ao final desta rolda individual, abrirase a todos os seareiros para poñer en comĂșn e compartir experiencias. Nesta ocasiĂłn, o acto estarĂĄ dinamizado por Xandobela, un grupo de profesionais da educaciĂłn e da dinamizaciĂłn sociocultural. O pĂșblico que desexe participar deberĂĄ inscribirse antes do 26 de xuño a travĂ©s do correo formaciĂłn@youtubeiras.gal.
Esta xornada Ă© a Ășltima quedada organizada para este mes de xuño, despois de que o sĂĄbado 8 tivese lugar na Coruña o evento Youtubeir@s en conexiĂłn, un espazo para reflexionar sobre temas como o panorama creativo nesta plataforma dende varios ĂĄmbitos, a cuestiĂłn lingĂŒĂstica na Rede, a perspectiva temĂĄtica ou o eido de fomento de pĂșblicos. A actividade foi dinamizada por Ben Curiosa.
Premios Youtubeir@s
Os Premios Youtubeir@s, outra das grandes liñas de acciĂłn do proxecto, mantĂ©n atĂ© o vindeiro 27 de setembro o prazo de inscriciĂłn para todas as persoas creadoras de contidos en Youtube na nosa lingua. CĂłmpre que os vĂdeos estean publicados con data posterior ao 15 de marzo de 2018, sen restriciĂłns de privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros na descriciĂłn. EstablĂ©cense un total de catro categorĂas: vĂdeo-facermos (vĂdeos que mostran saberes e procesos de elaboraciĂłn a travĂ©s de titoriais), vĂdeo-opinarmos (exposiciĂłn de opiniĂłns e valoraciĂłns sobre un tema de interese), vĂdeo-cantarmos (vĂdeos musicais con versiĂłns, composiciĂłns orixinais, adaptaciĂłns ou coreografĂas) e canles.
Ademais destas catro categorĂas, recoñeceranse premios ĂĄ creatividade, ĂĄ eficiencia comunicativa, ĂĄ calidade tĂ©cnica e ĂĄ calidade lingĂŒĂstica, decididos todos por un xurado de recoñecido prestixio que outorgarĂĄ o premio durante a gala dos Premios Youtubeir@s, no mes de novembro. Por Ășltimo, o certame conta cun premio do pĂșblico que se entrega baixo o nome de #propostayoutubeira. En conxunto, o certame repartirĂĄ un total de 6.500 euros en galardĂłns. As bases completas pĂłdense consultar na web www.youtubeiras.gal.