O PSdeG-PSOE de Vilas valorará a proposta de Manuel Ruiz

26 Xuño 2019

20190626. Onte tivo lugar o segundo encontro entre os grupos municipais ribeirenses do PSdeG-PSOE e do PP. Na xuntanza, na cal estivo presente o grupo municipal socialista e o secretario de Política Municipal, o alcalde, Manuel Ruiz, trasladoulles a súa oferta. Ademais, comentaron as retribucións e indemnizacións aos membros da corporación, así como as asignacións aos grupos municipais.

O socialista José Manuel Vilas sinala que solicitaron “a rebaixa do persoal eventual actual, a cal está acepta en principio” e valoraron as actualizacións de asistencia a órganos “como moderada.” Sobre a oferta de dedicación parcial, Vilas manifesta que “consideramos que é un servizo ao alcance de tódolos grupos municipais e que é unha forma de facilitar a acción política dos distintos grupos, tanto da oposición coma do goberno.” Segundo a proposta contarían cun despacho propio nas dependencias municipais, algo que aprecian como “necesario para atender aos cidadáns e poder fiscalizar o traballo e acción do goberno.” Isto tamén lles posibilitaría asistir a actos institucionais que se atopen encadrados dentro do horario laboral, algo que non podían facer na actualidade, ao tempo que persoarse ante demandas da veciñanza dentro desas horas. Así mesmo, expresan que é unha fórmula que está implantada en moitos concellos, especialmente nos que son de máis de 20.000 habitantes, do mesmo xeito que “Ribeira ten que dar este paso de participación aos grupos da oposición e que debe ser referende de modelo de cidade, de progreso e de oportunidades para todos.” Finalmente, estiman que o tema económico ten que deixar de ser un motivo de discusión política.

Agora quedaron en analizar a proposta, aínda que Vilas adiantou que “nos mostramos favorables a esa posible dedicación parcial.”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

Cuando los fríos guarismos del último informe PISA vuelven a agitar los titulares con la cantinela de nuestras recurrentes carencias educativas, confirmamos que seguimos midiendo el rendimiento de las aulas con la precisión del contable pero con el desdichado desdén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.