O BNG pobrense non apoiará a investidura de Nós Pobra nin do PP

07 Xuño 2019

A asemblea da formación nacionalista da Pobra do Caramiñal decidiu manter a promesa feita durante a campaña electoral de que “os votos do BNG só servirían para poñer de alcalde a Ramiro Ouviña.” Por iso, non apoiarán a investidura de Nós Pobra nin dos populares. Esta decisión foi tomada despois de que a pasada semana recibiran peticións de reunión por parte dos dous partidos políticos e trasladáronlle a súa determinación nas xuntanzas mantidas este mércores.

Así mesmo, consideran que “as matemáticas do 26M fan innecesario o voto do BNG para o nomeamento de alcalde ao candidato de Nós Pobra, xa que ao non darse unha maioría absoluta, posto que o BNG non vai pactar co PP, sairá electo na segunda ronda por razón de ser a lista máis votada.”

Tamén lles sorprendeu a proposta por parte de Nós Pobra para negociar un acordo de goberno “sen concretar ningunha oferta previa” e “despois de todas as deslealdades de NP cara o BNG durante o anterior mandato.” Aínda así, transmitirán esa “escasa proposta” á asemblea para tomar unha decisión.

Nos comicios municipais celebrados o pasado mes de maio, a lista de Nós Pobra foi a máis votada con 2.019 papeletas alcanzando os 5 concelleiros, seguido do PP que obtivo outros 5 escanos con 1.968 votos. Unhas eleccións nas que o BNG perdeu 663 sufraxios e 1 acta, acadando 2 edís na corporación municipal.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.