Mobilización para impedir os vertidos de lodos preto de Sálvora

10 Xuño 2019

Portos de Galicia autorizou o vertido dos lodos procedentes do dragado do río Lérez de Pontevedra nunha zona situada moi preto de Sálvora, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. Noticia que sentou como unha xerra de auga fría para o sector pesqueiro e marisqueiro da comarca. O patrón maior de Ribeira e presidente da Federación Galega de Confrarías, José Pérez, expresou que a xente o para pola rúa para preguntarlle pola situación porque “todo o mundo está inquedo.” Respecto da forma na que coñeceron a información, manifestou que “ninguén se puxo en contacto con nós, descubrímolo pola prensa.” Agora están pendentes da reunión que se manterá mañá ás 17.30 horas en Santiago de Compostela coa conselleira do Mar. Á xuntanza con Rosa Quintana acudirán el mesmo, o seu homólogo de Aguiño-Carreira, José Antonio Santamaría, o alcalde en funcións de Ribeira, Manuel Ruiz, e o presidente da federación provincial, Daniel Formoso. Agardarán ao contido dese encontro para valorar se tomarán medidas, aínda que Pérez indicou que “temos esperanzas de que tivo que ser un erro. Non imos consentilo.”

Formacións políticas do municipio e colectivos en defensa do medio ambiente tamén reaccionaron ao proxecto para o vertido na ría arousá. O portavoz do BNG ribeirense, Xosé Vázquez Cobas, cualifica a pretensión como un “atentado ambiental e económico para Ribeira e Aguiño”. Os nacionalistas destacan as consecuencias para o medio natural, así como para o sector do mar poñendo “en serio risco centos de postos de traballo do sector marisqueiro, pesqueiro e turístico.”

Do mesmo xeito, Suma Ribeira declara o seu “total rexeitamento” e a intención de iniciar “unha oposición activa a que se produzan os vertidos”, así como a proposición de constituír unha Plataforma Cívica “na que sen exclusións, participen Confrarías, Asociacións de Bateeiros, Organizacións ecoloxistas, partidos políticos e todos os axentes sociais que así o consideren.”

Pola súa parte, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) pronunciouse contra esta medida. Deste xeito, hoxe manterán unha reunión para tomar algunha decisión co obxectivo de paralizar o depósito.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.