María Maceiras e Iker Fernández, gañadores do concurso de chíos contra os estereotipos de xénero

28 Xuño 2019

20190628. María Maceiras Pérez, de 17 anos de idade, e Iker Fernández Vidal, de 14, foron a primeira e o segundo gañador do concurso de chíos contra estereotipos de xénero promovido desde o Centro de Información á Muller (CIM) de Ribeira. Hoxe foron recibidos polo alcalde Manuel Ruiz no transcurso dos actos conmemorativos do Día do Orgullo LGTBIQ+.

María Maceiras formulou o chío “imaxinemos un mundo onde todos sexamos iguais? Sería aburrido non? a diversidade é enriquecemento, non deixemos que nos asignen uns valores predeterminados polo feito de ser muller ou home; sexamos o que realmente queramos e sobre todo felices @CimRiveira #RachaEstereotipos”; mentres que Iker Fernádez “estou canso de que cada vez que alguén (normalmente maior) me coñeza asuma automáticamente que por ser un home teño que xogar al fútbol #RachaEstereotipos”

O obxectivo do concurso era sensibilizar á poboación ante a necesidade de erradicar esas crenzas fortemente arraigadas acerca de como deben ser os homes e mulleres simplemente polo seu sexo. O primeiro premio consistiu nunha tableta e o segundo nun altofalante.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.