Mar desminte a autorización do vertido de lodos do Lérez preto de Sálvora

12 Xuño 2019

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, o patrón maior de Ribeira e presidente da Federación Galega de Confrarías, José Pérez, o seu homólogo de Aguiño-Carreira, José Antonio Santamaría, o alcalde en funcións de Ribeira, Manuel Ruiz, e o presidente da federación provincial, Daniel Formoso, mantiveron unha reunión co obxectivo de aclarar a situación sobre a dragaxe do río Lérez e o punto no que se atopa a súa tramitación, sen prexudicar a actividade da frota.

A titular de Mar expresou durante a xuntanza que é “absolutamente falso” que se estean a verter lodos procedentes do Lérez na illa de Sálvora e desmentiu que Portos de Galicia, o cal depende da Consellería do Mar, teña autorizado o envío dos áridos procedentes da dragaxe a ese punto posto que non ten competencias nin autoridade para facelo. Ademais, incidiu en que o proxecto está nunha fase “moi inicial” e que a dragaxe nin sequera comezou.

Deste xeito, a conselleira quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade aos profesionais da pesca e do marisqueo. “Non sei de onde sae a intranquilidade se non é por moita irresponsabilidade de determinados grupos que semella que o único que queren é trasladar preocupación ao sector dicindo mentiras, afirmou Rosa Quintana.

Así mesmo, insistiu en que os áridos do Lérez son inocuos segundo revelaron as propias análises salientando que “isto estará proximamente a disposición do público en xeral para que o poida ver e contrastar” e tranquilizando ao sector pois “non se fará nada que o prexudique.”

A representante da Xunta trasladoulle ao sector que a única decisión en firme xa tomada é que non se van enviar os áridos da dragaxe a Tambo, na ría de Pontevedra, e que o destino que se elixa non terá incidencia na actividade pesqueira e marisqueira cumprindo a lexislación medioambiental.

Pola súa parte, José Pérez manifestou que o sábado terá lugar un encontro da Federación Galega de Confrarías á que acudirá Rosa Quintana para informar de primeira man ao resto de patróns. Respecto de como o notificarán ao sector do mar dixo que “imos agardar ao sábado, a estar tódolos patróns, para decidir como trasladarlle a noticia” e “iremos tratando o tema máis polo miúdo nas diversas reunións que manteremos co paso do tempo segundo se vaia avanzando neste asunto.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.