As brigadas de deseucaliptización erradicaron especies foráneas en máis de 30.000 m² da comarca

17 Xuño 2019
Os participantes na xeira de traballo de Rianxo

Deseucaliptización foi a palabra galega do ano en 2018 e non o foi porque si. Foino, en parte, porque íamos escoitar dela no futuro. Este mes de xuño, por exemplo, escoitouse ben nos montes de Barbanza, tan castigados polo lume cada ano (aínda son recentes os lumes que asolagaron a práctica totalidade do monte de Rianxo e o de Lampón, en Boiro) e tan inzados dunha da especies forestais que máis e mellor contribúe á proliferación dos incendios (logo da non menos negativa acción humana): os eucaliptos. Estamos a falar das accións simultáneas e colectivas de erradicación destas árbores impulsadas dende Cousa de Raíces. As batidas na comarca leváronse a cabo en Rianxo, no monte Filgueiras, e máis en Lousame, na contorna dun dos núcleos galegos máis activos en materia de reivindicación do monte autóctono: a aldea de Froxán.
As actividades formaron parte da segunda edición da Deseucaliptización Simultánea de Galiza, convocada pola rede a prol do bosque galegos Cousa de Raíces. Ao abeiro desta iniciativa, desenvolvéronse unhas 15 actuacións de eliminación de eucaliptos e acacias en todo o país, accións que comezaron o pasado 1 de xuño e remataron onte sábado, 15 de xuño, con motivo da Semana do Medio Ambiente. En total, participaron arredor de medio milleiro de activistas de todas as idades.

En termos xenéricos, conseguíronse arrincar dos nosos montes 81.200 pés das devanditas especies invasoras, entre gromos, plántulas e árbores de meirande porte.
O 90% das árbores eliminadas foron Eucalyptus globulus (o máis espallado na nosa terra), mais en seis das quince actividades realizadas tamén se intentou erradicar Acacia melanoxylon ou acacia negra e a mimosa ou Acacia dealbata.
A quedada ambiental de Lousame levouse a cabo o pasado 8 de xuño. As brigadas deseucaliptizadoras (Verdegaia, Montescola e CMVMC Froxán) conseguiron erradicar 10.000 pés de eucalipto e actuar sobre unha superficie de 30.000 metros cadrados. As actuacións no monte Filgueiras de Rianxo, desenvolvidas por Fousas ao Monte e CMVMC O Fieitoso, contaron coa presenza de 30 participantes e abrangue unha superficie de 1.000 metros cadrados. Suprimíronse 200 pés de acacias.

A brigada dos montes de Froxán en Lousame

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...