A Consellería de Política Social e o Concello de Ribeira asinan o programa ‘Xantar na casa’

19 Xuño 2019

20190619. A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, asinaron hoxe a adhesión do municipio ao programa ‘Xantar na casa’. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Consellería de Política Social e destinada aos maiores, repartindo en Galicia un total de 10.000 menús semanais e atendendo a máis de 1.300 persoas.

Fabiola García explicou que Ribeira será un dos oito novos concellos que se sumarán nas próximas semanas a ‘Xantar na casa’, un programa a través do cal a Xunta entrega ás persoas maiores na súa casa “unha dieta equilibrada, de calidade e variada tódolos días da semana, incluídos festivos e fins de semana.” Así, a conselleira indicou que serán 14 os veciños ribeirenses que recibirán “un menú saudable e cos valores nutricionais adecuados ás súas necesidades.”

Ademais, destacou que, coas novas incorporacións, os concellos adheridos a este programa pasarán a ser 177. Deste xeito, sumaranse os municipios de Porto do Son, O Irixo, San Sadurniño, Vilamartín de Valdeorras, Moeche, Foz e Miño.

Así mesmo, a titular de Política Social manifestou o compromiso da Xunta de Galicia coas galegas e galegos de máis idade “ao achegarlle cada día máis recursos e servizos de calidade ao seu entorno.” Neste senso, engadiu que o Goberno galego “aposta por outras iniciativas que compren coa principal demanda dos nosos maiores que é a de vivir no seu entorno cos mellores coidados.” A posta en marcha das novas Casas do Maior, o incremento da financiación do Servizo de Axuda no Fogar ou o paso da teleasistencia básica á avanzada son algunhas das medidas dirixidas a lograr este obxectivo “para que Galicia se converta no mellor lugar para facerse maior.”

Pola súa parte, o rexedor ribeirense, Manuel Ruiz, afirmou que era unha “satisfacción que uns dos nosos primeiros actos en esta lexislatura sexa a firma deste convenio e coa responsable de Política Social”, ademais do feito de que unha ribeirense, “que coñece perfectamente o que é a problemática municipal e que foi concelleira ata que acadou a responsabilidade de ser Directora Xeral na Xunta de Galicia”, sexa a encargada desta área.

Manuel Ruiz tamén expresou que os acordos e as políticas cara o concello “deron un pulo importantísimo que notaron os nosos dependentes”, así como o seu agradecemento “por poder firmalo e incrementar esa lista de máis do 50% dos concellos de Galicia que están dentro deste programa”. Finalmente, coincidiu coa conselleira na importancia de que os maiores, na última etapa da súa vida, poidan estar e desfrutar no lugar que queren e que, preferentemente, é a súa casa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.