Germán Allut Vidal – Partido Popular

22 Maio 2019

O grupo de Germán Allut aposta pola reactivación económica da vila e das parroquias, polo emprendemento e pola xeración de riqueza, e tamén pola mellora dos servizos e as infraestruturas. O aspirante a alcalde de Rianxo substitúe no seu posto a Vanessa Martínez Durán, a candidata nas anteriores eleccións municipais.

Germán Allut é médico de profesión. Na súa andaina política caracterízase polo estreito contacto cos empresarios e emprendedores, os colectivos de maiores e a mocidade.

A listaxe do Partido Popular está encabezada por Germán Allut Vidal, Mariano José Moares Rial, Francisco Rubio Vicente, Alicia Carou Romero, María Dolores Moares Vicente, Elisardo Jesús Fernández Villanustre, Carlos Abelleira Torres, Sabrina Romay Rey, Matilde Gago Baleirón e María del Carmen Abuín González.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.