Adolfo Muíños Sánchez – Bloque Nacionalista Galego

22 Maio 2019

O actual alcalde acode a estas eleccións para seguir, nas súas palabras, “entregándose ao concello e á xente de Rianxo”. A proposta do até o de agora rexedor é ofrecer traballo e “un gran desexo” de seguir resolven os problemas das veciñas e veciños. Muíños, que busca nestes comicios a súa terceira lexislatura, asegura que a súa candidatura é a garantía de que Rianxo vai seguir avanzando e mellorando, e de que as persoas proseguirán estando “no centro da xestión e da acción de goberno”.

Adolfo Muíños Sánchez, nado en 1966, é licenciado en Pedagoxía e diplomado en Maxisterio pola USC. Foi educador, director de actividades de tempo libre e membro de diversos colectivos culturais.

A cabeza da candidatura do BNG de Rianxo está integrada por Adolfo Muíños, Adelina Ces Quintáns, Xusto Xosé Ordóñez Figueira, Hadriana Ordóñez Otero, Tobías Betanzos Rego, Raquel García Abuín, Xosé Vázquez González, Maura Rañó Arcos, Xosé Anxo Moares Collñazo e Cinthia Ermitas Romero Muñiz.

Outros artigos

Rianxo pon a punto as súas praias logo dos estragos dos temporais

O Concello de Rianxo está a traballar arreo estes días, a través do seus servizos de limpeza, obras e mantemento, para corrixir os estragos causados polo tren de temporais do pasado inverno. Ademais, grazas á axuda recibida de mans da Deputación da Coruña, de cara ao...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

Budapest es una de las ciudades más bellas de Europa capaz de evocar en el visitante el recuerdo de una grandeza histórica. Pero hasta el domingo 12, allí se podía constatar un sentimiento extendido de tristeza en muchos ciudadanos que coincidían en que el país había...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.