O Concello de Ribeira solicita a colaboración da Policía Local para combater o furtivismo

19 Abril 2024

Este venres 19 de abril o alcalde de Ribeira, Luís Pérez e o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, mantiveron unha reunión de traballo co responsábel da Policía Local de Ribeira, José Manuel Bretal, para abordar a problemática da pesca furtiva no Concello. Segundo explicou Abraldes, trátase dun conflito que se incrementa no verán, co comezo do bo tempo, e que afecta especialmente á Confraría de Carreira e Aguiño, debido sobre todo “á gran extensión da concesión que abrangue”.

Coincidindo na necesidade de protexer os recursos naturais e preservar a sustentabilidade das costas, discutiuse a necesidade dunha cooperación máis estreita entre a Policía Local e os vixiantes das confrarías de Carreira e Aguiño, Palmeira e Ribeira. Durante o encontro destacouse a importancia de “tomar medidas proactivas para loitar contra a caza furtiva, que ameaza a economía local e a explotación marisqueira”.

Unha proposta fundamental que se discutiu na reunión foi o de dar aos axentes da policía a autoridade para rexistrar vehículos sospeitosos de transportar marisco de xeito ilegal e solicitar permisos de marisqueo. “Isto implicará a capacidade de realizar rexistros e incautacións cando existan indicios razoábeis de actividade de caza furtiva”, sinalaron.

O alcalde destacou que “esta medida non só busca disuadir aos furtivos, senón tamén protexer a aqueles pescadores e mariscadores que operan dentro da legalidade e contribúen ao sustento das nosas comunidades costeiras”.

Outros artigos

Venres con choiva intensa e suba das temperaturas

A xornada do venres teremos chuvias e ventos fortes e situación complicada no mar. Deste xeito os ceos estarán nubrados, con chuvias máis intensas no oeste na segunda metade do día. As temperaturas mínimas experimentarán un ascenso moderado, mentres que as máximas non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...