Continuamos durante o luns nunha situación intermedia entre as altas presións e as baixas presións que enviarán unha fronte moi pouco activa que entrará polo oeste. Así, mantense o réxime de ventos de compoñente sur que traerán nubes de tipo medio e alto. Co avance do día os ceos iranse cubrindo polo oeste da provincia da Coruña, con chuvascos máis probables nas provincias da Coruña e Pontevedra. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará moderado de compoñente sur con intervalos fortes na Costa da Morte.

O noso mar: Vento do sur á mañá e á tarde e variable á noite, forza 3 a 5 á mañá, 4 a 5 á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá, forte marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e noroeste á noite, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



