Varios arrestos en Boiro en relación co alixo de 1.400 quilos de cocaína do “Nuevo Furuno”

23 Xaneiro 2024

Axentes da UDYCO e do GRECO Galicia fixeron rexistros en vivendas da localidade

Imaxe de arquivo da detención do dono do Novo Furuno. TVG

A Policía Nacional arrestou este martes en Boiro varias persoas presuntamente relacionadas co alixo de 1.400 quilos de cocaína do Nuevo Furuno. O patrón e o tripulante do pesqueiro, detidos hai meses, tamén son desta localidade do Barbanza.

 Segundo fontes policiais, axentes da UDYCO e do GRECO Galicia fixeron rexistros en vivendas de Boiro e prenderon varias persoas.

Os arrestados foron trasladados a dependencias policiais pendentes de pasar a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Corcubión.

O apresamento do pesqueiro Nuevo Furuno produciuse en agosto no porto de Santa Mariña, en Camariñas.

Nas adegas ocultaba 1.400 quilos de cocaína. Daquela detiveran o seu único tripulante que estaba no barco cando comezou a operación.

O patrón e dono do pesqueiro fuxiu inicialmente e foi detido o 1 de decembro tamén en Boiro. Os dous vivían desde había pouco en Camariñas pero eran desta localidade do Barbanza.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.