Ecoloxistas, mariñeiros e mariscadores súmanse á manifestación deste domingo, baixo o lema “En Defensa do Noso Mar”

19 Xaneiro 2024

Colectivos ecoloxistas (ADEGA, Ecoloxistas en Acción, a plataforma para a defensa da ría de Muros e Noia, etc), mariñeiros e marisqueiros confirmaron este venres 19 de xaneiro a súa participación na mobilización deste domingo, En Defensa do Noso Mar, en Santiago de Compostela. Segundo lembraron, a concentración sairá ás 12h da Alameda vella e recorrerá as rúas de Compostela ata a praza do Obradoiro. Os colectivos fixeron unha proclama á cidadanía galega para que se sume á mobilización. “Fronte á situación creada pola chegada masiva de materiais plásticos ás costas galegas e diante dos potenciais riscos para a saúde, o medio ambiente, os colectivos ecoloxistas e do mar denunciamos a tardanza e o desleixo das administracións en facer fronte a esta ameaza”, sinalaron, engadindo que “novamente, como xa acontecera na catástrofe do Prestige, tiveron que ser os colectivos cidadás e as persoas voluntarias as que, en ausencia das institucións, ecoloxistas e xente do mar saíron ás praias a loitar contra esta marea plástica ante a tardanza e o desleixo das administracións en facer fronte a esta ameaza. 

Esixen á Xunta de Galicia e ao Estado Español unha mínima coordinación para facer fronte ás consecuencias desta vertedura e “unha maior transparencia na información ao público de como se usan os medios aéreos, marítimos e as imaxes satelitais e de oceanografía operacional, no control do tráfico e seguimento dos vertidos e medidas de intervención no mar para evitar que cheguen as verteduras ás nosas costas”. Reclaman tamén “transparencia na información ao público sobre a toxicidade dos materiais e os seus efectos sobre a saúde e os ecosistemas mariños”. Ademais solicitan que se subministre ao voluntariado os medios de protección axeitados aos perigos do material que manipulan e os contedores específicos para a súa recollida

Denuncian asemade “a impunidade con que milleiros de toneladas de materiais tóxicos circulan todos os anos diante das costas galegas e a práctica indefensión do noso litoral fronte aos riscos derivados deste tráfico”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.