A Casa da Cultura do Son acolle até o 5 de febreiro as obras máis destacadas da 16ª edición do Premio Luis Ksado

18 Xaneiro 2024

A sala de exposicións da Casa da Cultura de Porto do Son acollerá até o 5 de febreiro unha importante mostra fotográfica. Trátase da exposición que expón as mellores obras presentadas á 16ª edición do Premio Luis Ksado de Creación Fotográfica, impulsado pola Deputación da Coruña. A entrada é libre.

A serie gañadora, O espello de Claude, de Fuco Reyes, está acompañada na mostra da serie Adeus, de Vicente Fraga, que obtivo unha mención de honor; así como das obras finalistas de Rober de la Torre, Tete Domínguez, Agostime e Belén Lozano. 

O xurado elixiu a dita serie do fotógrafo compostelán Fuco Reyes por “asumir riscos, cunha variedade de imaxes, pero mantendo a coherencia narrativa e visual no conxunto da serie, transmitindo a incerteza dos adolescentes nun mundo ao que comezan a enfrontarse”. A colección de imaxes gañadora forma parte dun proxecto documental que o fotógrafo compostelán levou a cavo durante o último ano para diferentes institutos de Galicia, traballando co alumnado en obradoiros específicos. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.