Ana Miranda esixe dende Muros que a normativa europea protexa a nosa costa da contaminación por microplásticos

13 Xaneiro 2024
Ana Miranda coa alcaldesa muradá María Lago

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, visitou este sábado 13 de xaneiro as praias de Nerga (Cangas) e Area Maior (Muros), onde mantivo encontros coa alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido, e Muros, María Lago, así como co presidente de ADEGA, Roi Cuba. “Para protexer a nosa costa, é fundamental que a normativa europea inclúa a contaminación por microplásticos no transporte marítimo”, salientou a eurodeputada nacionalista.

Ana Miranda explicou que a día de hoxe a normativa europea estase a debater na Comisión de Medio Ambiente e na de Transporte. Na de Medio Ambiente afóndanse nas perdas de microplásticos e a xuízo da eurodeputada nacionalista, “ten que incluír o transporte mariño”. Pola súa banda, na Comisión de Transporte, dixo, “existe a posibilidade de incluír tamén os granulados plásticos como sustancia contaminante” no novo regulamento de transporte marítimo.

Avanzou tamén que presentará emendas á Comisión de Medio Ambiente tomando en consideración as propostas trasladadas polo presidente de ADEGA, Roi Cuba, quen sinalou que no plano europeo, habería que actuar en dúas direccións: por un lado, a nivel ambiental, desenvolvendo un regulamento que considere os granulados como substancias contaminantes, xa que nestes non o son, de cara a tomar medidas na súa manipulación, tratamento e envasado. “Propoñemos que no transporte marítimo se establezan medidas máis estritas de control no seu transporte para evitar no posíbel perdas accidentais”, dixo, engadindo que no marco do convenio MARPOL, “instamos á Organización Marítima Internacional a que introduza unha modificación para asignar aos precursores plásticos en forma de pélet, escama ou po a categoría de mercadorías perigosas”, explica Ana Miranda, para que tanto no empaquetado como no etiquetado, carga, estiba e manipulación, as condicións sexan máis estritas.

Nos encontros que Ana Miranda mantivo coa alcaldesa de Cangas e a de Muros, tanto Araceli Gestido como María Lago queixáronse ante a eurodeputada nacionalista do que cualificaron “falta de información e coordinación por parte do Goberno galego, de forma que foron as propias administracións locais as que se viron na obriga de afrontar a limpeza das praias tras o vertido de pélets”, sinalaron, engadindo Miranda que “temos que denunciar a ineficacia do Goberno galego tanto na información facilitada como na xestión da marea dos pélets, que entran en toda a costa galega”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.