Sesenta rapaces e rapazas participan no Pequetrail de Lousame, que se celebra este sábado 13 de xaneiro

13 Xaneiro 2024

A proba gratuíta está prevista para a tarde deste sábado 13 de xaneiro e tomarán parte corredores e corredoras nadas entre os anos 2008 e 2017. Unhas inscricións que se saldaron 60 rapaces e rapazas anotados, un máis sobre a participación da edición de 2022, a de maior concorrencia na curta historia desta proba.

Así o destaca a concelleira de Deportes, Mariel Agrafojo, pois “con só en cinco edicións conseguimos que o Pequetrail se estabilizase por riba do medio cento de participantes, algo digno de destacar cando nas primeiras edicións estabamos en apenas unha ducia de atletas”. De feito, esta quinta edición do Pequetrail contará con máis participantes que as tres primeiras edicións anteriores xuntas: 15 no 2021, 30 no 2020 e 10 no 2019.

A proba desenvolverase a partir das 16:00 horas do sábado 13 de xaneiro na contorna do Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra sobre unhas distancias e cun percorrido adaptado ás idades dos nenos e nenas participantes. Os primeiros en saír serán os catro sub-16, que percorrerán uns 7 km. Despois chegará a queda dos once sub-14 e dos doce sub-12, con percorridos de 2 e 1,5 km, respectivamente. Finalmente, os dezaseis Sub-10 afrontarán unha proba de 1 km e os dezasete Sub-8 cubrirán unha simbólica distancia de 500 metros.

O Concello de Lousame entregará medallas a todos os participantes. A proba conta coa colaboración de Futuranea, Hoka One One, Tarrío & Suárez Obras y Contratas, Fermín Simal SL, Autos Comparado, Supermercados Gadis, Atmósfera Sport, Pavimentos Noia e Nutri Sport.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.