Toma de posesión do comandante do Acuartelamento de Iroite (Noia) EVA-10

10 Xaneiro 2024

O Acuartelamento Aéreo do Barbanza (monte Iroite, Noia) acolleu este mércores 10 de xaneiro a toma de posesión do comandante do Escuadrón de Vixilancia Aérea número 10, Javier Marcos Barreiro. No acto participou a subdelegada do goberno, María Rivas, quen salientou a importancia estratéxica destas instalacións tanto para a defensa nacional, como para ou control do trafico aéreo tanto militar como civil, “non obstante son as encargadas da detección, identificación e seguimento das aeronaves non noso espazo aéreo”, dixo.

No transcurso do acto, a capitá saínte, Seila García, con máis de 18 anos de servizo no acuartelamento, deu a substitución e a benvida ao comandante, todo iso nun acto presidido polo xefe do Sistema de Vixilancia e Control do Mando Aéreo de Combate e que finalizou cunha homenaxe aos que deron a vida por España.

O novo comandante, Javier Marcos Barreiro que foi director da Academia de Infantaría de Toledo durante 3 anos,  incorpórase ao EVA 10 despois dunha misión en Somalia.

O EVA 10 é a única instalada en Galicia dos 13 escuadróns dos que se dota o Exército do Aire en todo o territorio de España. Estes escuadróns son as unidades aéreas responsábeis da obtención, proceso e transmisión de datos radar para a súa posterior explotación polo Grupo de Mando e Control, para facer posible o cumprimento da misión asignada ao Sistema de Mando e Control Aéreo.

Estas instalacións creadas a principios dos anos 80, entraron en funcionamento o 1 de decembro de 1984, e desde a súa creación tamén teñen realizando diversas misións operativas, axudas radar á navegación, entre as cales destaca o apoio ao SAR durante os temporais na zona, participando en exercicios de defensa, e colaborando con organismos oficiais como o Centro de Coordinación do Salvamento Marítimo de Fisterra, o Instituto Nacional de Meteoroloxía e a Universidade de Santiago de Compostela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.