O proxecto pobrense “A todo piñón” reparte bicicletas con carácter solidario cara ao día de Reis

05 Xaneiro 2024

O alumnado participante na iniciativa pobrense A todo piñón: escola de segunda oportunidade do Barbanza colabora con Melchor, Gaspar e Baltasar para os agasallos do Día de Reis.

Esta acción solidaria permitiu a reparación de varias bicicletas doadas pola cidadanía para deixar baixo a árbore do Nadal de persoas que o precisan.

A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, manifestou que “se lle deu así unha segunda vida a vehículos de tracción humana para contribuír a unha boa causa”. Aproveitou a ocasión para felicitar ao alumnado que integra o proxecto, impulsado pola Administración local, co apoio da comunidade educativa e o tecido empresarial, para a mellora das competencias prelaborais e profesionais da xente moza de entre 16 e 30 anos de toda a comarca, a través da mobilidade sostible e a economía circular, ao tempo que se busca contribuír á creación de emprego na localidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.