O Concello de Boiro colabora con Comprarcasa Mirabén unha recollida solidaria de xoguetes para facer chegar ás familias do concello de termo municipal. O obxectivo desta campaña é que ningún cativo quede sen xoguete no Nadal e as doazóns faranse a través das entidades sociais do municipio.
Entre o 1 de decembro e o 2 de xaneiro poderanse levar ás oficinas de Comprarcasa Miraben, na rúa Robustiano Pérez del Rio, xoguetes novos ou en bo estado, produtos de hixiene infantil ou libros novos ou en bo estado para doar ás familias do municipio.




