Lanzan un artefacto incendiario á embarcación do presidente dos mariscadores de Aguiño

05 Decembro 2023

Cóctel molotov dana a embarcación do presidente dos mariscadores de Aguiño


A embarcación do presidente da agrupación de mariscadores da Confraría de Aguiño ameneceu este martes afectada polo lume, tras o lanzamento dun artefacto incendiario. O lume calcinou a lona de protección e algúns elementos do barco.

O presidente dos mariscadores, Manuel Ángel Reiriz, decatouse do ocorrido á primeira hora desta mañá, cando acudiu a recoller os aparellos da embarcación. Entón comprobou que o lume derretira lona de protección da mesma, así como afectado o chan e a outros elementos da lancha.

Os feitos foron postos en coñecemento da Policía, que se desprazou ata a zona con varios efectivos para recoller probas, entre elas un elemento similar a un cóctel molotov que puido ser lanzado con lume á embarcación. Está en marcha unha investigación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.