O Concello de Porto do Son compartiu os detalles da segunda edición do Concurso de Nadal de Iluminación Exterior de Vivendas, no que poderán participar todas as persoas veciñas do concello que adobíen o exterior dos seus domicilios situados no termo municipal con iluminación e/ou motivos de Nadal, apreciábeis dende a vía pública.
Haberá premios para as tres mellores propostas: unha cesta de Nadal valorada en 150 euros, unha cesta de Nadal valorada en 100 euros e un lote de Nadal valorado en 50 euros. As inscricións estarán abertas dende o 1 de decembro até o 15 de decembro ás 12.00 horas, enviando un vídeo no que se aprecie toda a decoración e a iluminación da vivenda participante á conta de correo culturaportodoson@gmail.com. O fallo do xurado farase público o 18 de decembro ás 12.00 horas na web e nas redes sociais do Concello.




