
O Concello de Rianxo sacará a licitación os vindeiros días os postos baleiros de Mercado Municipal. Así o fixo saber esta semana o alcalde Julián Bustelo, engadindo que a partir da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as persoas interesadas en facerse cun dos oito postos baleiros do Mercado rianxeiro poderán presentar a súa candidatura.
Segundo destacou o alcalde, o procedemento de licitación acompañarase de diversas actuacións de posta a punto do inmóbel para recibir aos novos praceiros e praceiras. “Estamos convencidos e convencidas de que a licitación dos postos baleiros é só o comezo dun tempo novo para o noso mercado municipal”, concluíu Bustelo.



