O Concello de Ribeira e as asociacións locais comezan a perfilar as actividades do Nadal

07 Novembro 2023


O alcalde de Ribeira, e os edís Vicente Mariño, Antía Alberte e Francisco Suárez-Puerta mantiveron este luns 6 de novembro unha reunión con 21 entidades de Ribeira co obxectivo de planificar e organizar actividades para o Nadal.

O encontro reuniu a representantes de varias asociacións culturais que desempeñan un papel vital na preservación e promoción de tradicións e valores culturais. Durante o encontro, discutíronse varias propostas para as actividades do Nadal.

“A colaboración entre o Concello e as asociacións culturais é fundamental para garantir que estas actividades sexan representativas da comunidade e que contribúan a crear un ambiente festivo e enriquecedor para toda a veciñanza” explicou a concelleira de Cultura, Antía Alberte.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.