Activada para este mércores a alerta laranxa por temporal costeiro e por vento

31 Outubro 2023
Unha profunda borrasca afectará a Galicia durante esta xornada, deixando temporal no mar ao final do día con ondas superiores aos 6 metros e ventos de forza 8-9.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de activar alerta laranxa para mañá por temporal costeiro en todo o litoral galego e por vento en terra con refachos moi fortes.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico por temporal costeiro afectará a toda a costa deste primeira hora da tarde de mañá debido a mar combinada de oeste a noroeste con ondas de ata seis metros e ventos con forza oito.

Canto o episodio adverso por vento, a alerta laranxa acadará rachas máximas de ata 100 quilómetros por hora a toda a provincia da Coruña; na Mariña lucense, centro e montaña de Lugo; na montaña de Ourense; e no interior de Pontevedra. No resto da comunidade o aviso será de nivel amarelo por rachas de ata 90 quilómetros por hora. Ademais, estará activa a alerta amarela en practicamente toda a comunidade por precipitacións acumuladas de máis de 40 milímetros en 12 horas.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. No caso de concellos con plans de emerxencias municipais (PEMU), recomendase a súa activación en fase de preemerxencia.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Dado que a fenómeno adverso se prevé que sexa especialmente intenso a medida que avance a tarde de mañá, en caso de ter que viaxar, aconséllase non facelo a partir de primeiras horas da tarde e, en todo caso, reducir os desprazamentos por estrada. Se é necesario viaxar, é preciso extremar as precaucións debido a posibles obstáculos na vía, bolsas de auga e zonas asolagadas.

Entre as indicacións que debe seguir a poboación tamén se inclúe pechar e asegurar portas, xanelas ou toldos para evitar danos nas propiedades e posibles lesións, retirando macetas e todos aqueles obxectos que poidan caer á rúa e provocar un accidente; así como afastarse de cornixas, muros ou árbores que poidan desprenderse e tomar precaucións ao pasar preto de edificacións en construción ou en mal estado.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...