A ABE sortea este martes os premios da campaña Doa Un Sorriso

30 Outubro 2023

A patronal boirense (ABE) sortea este martes ás 14.00 horas, na súa sede, os premios da campaña Doa Un Sorriso. No acto farase un pequeno balance da campaña e sortearanse dous bonos ABE de 50€ e unha noite para dúas persoas nas Cabaniñas do Bosque de Outes entre todas as persoas que entregaron solidariamente algún produto. Amais, sortearase outra noite nas Cabaniñas do Bosque entre todos aqueles establecementos que se sumaron á campaña. Asistirán Rebeca Ozores Nine, xerente de Clínica Dental Rebeca Ozores, Daniel García, presidente da ABE, José Ramón Romero, alcalde de Boiro, Raúl Romero, concelleiro de Servizos Sociais e representantes de Cáritas Boiro e Cruz Vermella Boiro.

Clínica Dental Rebeca Ozores, en colaboración coa Asociación Boirense de Empresarios, promoveu durante os meses de setembro e outubro unha campaña de recollida de produtos a favor de Cáritas Boiro e Cruz Vermella Boiro nos establecementos do noso concello.

Na campaña participaron un total de 42 establecementos (Supermercado Claudio-Jomi Cabo de Cruz, Viñas Soluciones Informáticas, Mercamás Cabo de Cruz, Farmacia Cimadevila, Boiro-Tenda, ABE, Regueira Vázquez Asesores, Bivestour, Cosmos, Julietabebes, Librería Cisne, Señor Balón, Lisvaz, Banco Mediolanum, Clínica Dental Rebeca Ozores, Academia Eva, Davisan, Baldani, Ferretería Tucho, Brincos, Trazos, Muchas, Elena Torrado Decoración, Véxote, Cruz Roja, IES Espiñeira, Alecrín Floristería, Drolim, Electrodomésticos Otero, Rule’s, Boiro Inyección, Inmobiliaria O Cruceiro, Uttap 3.Catorce, Sheyla Figueroa, Sargadelos, Crisel, Lookbooky, Mia Shop, Libraría Espazo Lector Nobel, Nino Pieri, Opticalia Boiro e Josefina) e a recollida foi un éxito, cunha gran cantidade de doazóns, tanto de alimentos como de produtos de hixiene e limpeza, prendas de roupa, material escolar…

Este martes 31 de outubro finaliza a campaña e van ter lugar na sede da ABE os sorteos nos que participan todas aquelas persoas que realizaron algunha doazón. Durante a mañá, sacarase unha rifa gañadora dun bono de 100€ a gastar en Clínica Dental Rebeca Ozores en cada comercio que colaborou na recollida de produtos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.