O Goberno de Ribeira emite unha petición a Política Social na que lle reclama a construción da escola de Aguiño

25 Outubro 2023

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, e os concelleiros Vicente Mariño e Francisco Suárez-Puerta compareceron este mércores 25 de outubro ante os medios de comunicación para responder ás declaracións da conselleira de Política Social, Fabiola García, que interveu este martes no pleno do Parlamento de Galicia. En concreto, a comparecencia dos representantes do Concello ribeirense veu motivada pola posíbel paralización do proxecto de escola infantil de Aguiño, ao que sinalaron que “non se pode paralizar nada que non foi iniciado”. O alcalde comentou que “cando foi convocada a orde de subvencións para a construción de escolas infantís en outubro do ano 2022, o Goberno do Partido Popular non solicitou dita subvención”.

Vicente Mariño, Luís Pérez e Francisco Suárez-Puerta

O rexedor preguntouse polo destino dos 240.000 euros anunciados pola conselleira para o dito proxecto durante a campaña electoral, a través da concesión dunha axuda específica destinada a construír a escola infantil pública de Aguiño”. Segundo dixo Pérez Barral, “acabamos de comprobar co persoal técnico que esa subvención nunca foi solicitada”. Ademais, explicou, “a Xunta non asumiu os gastos relativos á contratación de profesorado, mantemento ou material escolar, polo tanto o que non pode facer a Xunta é castigar á veciñanza de Aguiño porque no Concello xa non haxa un goberno do Partido Popular”.

Vicente Mariño acusou á conselleira de mentir no Parlamento: “Intentaron vender unha concesión que non existía, todo foi propaganda electoral”. O tenente alcalde tamén dixo que “no caso de que se construíra a escola municipal; o terreo, o equipamento, o mantemento e o persoal correrían a cargo do Concello”. E engadiu: “A achega económica da Xunta aos municipios é dun terzo dos gastos totais, a pesar de que a materia de Educación é competencia autonómica”.

Pola súa parte, Francisco Suárez-Puerta afirmou que o Concello “está disposto a ceder terreos e está a traballar para que Ribeira forme parte da Rede de Galiñas Azuis” pero explicou “que as arcas municipais non poden asumir os custos derivados desas instalacións”. Ademais, instou á Xunta a explicar “onde está a residencia de anciáns que se comprometeu a facer en Ribera e que actualmente non consta nos orzamentos da Xunta”.

Dende o equipo de Goberno reclamaron á Xunta que “asuma as súas competencias para construír a escola municipal de Aguiño e piden que non se empregue o Parlamento de Galicia para atacar ao Goberno municipal”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...