A patronal de Ribeira inaugura a terceira edición da iniciativa Camiño da Arte

04 Outubro 2023

Este martes 3 de outubro a Asociación de Empresarios de Ribeira inaugurou a terceira edición da iniciativa Camiño da Arte, coa que a patronal ribeirense busca dinamizar o comercio e á vez levar a cultura e a arte ás rúas da cidade e da súa contorna. Nos case 40 establecementos adheridos a esta campaña os clientes e cidadáns en xeral poderán gozar das obras dos 28 artistas e artesáns participantes, todos eles da comarca do Barbanza.

Na inauguración a Asociación de Empresarios agradeceu o traballo realizado pola comisaria da mostra, Mª Goretti Bello, e pola co-comisaria Teresa Ramallo, “grazas ás cales esta iniciativa é finalmente unha realidade”. A patronal lanzou un convite a todos os cidadáns de Barbanza e visitantes a “gozar das diferentes obras expostas nos escaparates dos establecementos participantes”. A inauguración celebrouse este martes pola mañá no local na rúa Rosalía de Castro da Asociación de Empresarios de Ribeira.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.