A Área de Cultura de Outes lanzou en setembro a nova edición do ciclo de andainas Coñece o noso patrimonio, destinado a desvelar a residentes e visitantes os tesouros culturais, paisaxísticos e medio ambientais do concello. Estase a facer a través dunha serie de itinerarios conducidos por especialistas na riqueza cultural local.

As andainas comezaron o 24 de setembro co roteiro Historia ás beiras do río Bendimón e proseguiron este sábado 7 de outubro co percorrido Historia do Freixo e o rego de Rial, de 10 quilómetros de lonxitude e con saída ás 9.00 do centro náutico.
Continuarán o día 15 de outubro cunha andaina cara a torre dos Mouros e as fervenzas de San Paio. Terá 8,5 quilómetros de lonxitude e dificultade moderada. A saída será ás 9 horas dende a igrexa de San Lourenzo.

A andaina do río Bendimón contou coa asistencia de case 50 persoas, na súa maioría veciños, que se achegaron para coñecer a historia que agocha a parroquia de Roo.
A andaina do Freixo, a deste sábado pasado, contou tamén con medio cento persoas.




