O BNG pobrense fai balance do labor desenvolvido neste ano

24 Decembro 2019
O BNG da Pobra nunha rolda de prensa en outubro

Remata o ano e toca facer balance. Neste senso, o BNG da Pobra avalía o traballo levado a cabo ao longo do 2019 e, especialmente, despois de que no mes de novembro Amparo Cerecedo e Xabier Santos tomasen posesión como novos concelleiros do grupo municipal. A voceira da formación, Amparo Cerecedo, valora “moi positivamente” o labor levado a cabo polo Bloque, argumentando “os compromisos que adquirimos dende novembro a aquí, conseguimos que teñan partidas orzamentarias e que se cumpren. Agora estaremos vixiando que se executen.” Así, fixo referencia á presentación de escritos por diversas cuestións, mocións ou as dúas propostas que levaron a pleno para incluír no POS+2020: a dotación á Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal duns vestiarios e a colocación dun foco na zona de San Antón; ademais do arranxo e mellora do Camiño Real.

Ademais, consideran que o BNG exerce unha oposición “responsable e dialogante. Son outros os que non queren dialogar.” No que respecta ao goberno formado por Nós Pobra e PSdeG-PSOE, descríbeno como “irresponsable”, aducindo que existen asuntos que se levan a pleno tódolos anos, pero que “coma sempre chegan a última hora, tarde, mal e arrastro.” Tamén expresan que a miúdo se lles convoca con pouca antelación e incluso sinalan que na última sesión plenaria “había un punto na orde do día que na xunta de portavoces que tivéramos ao longo do mes, tampouco se nos comentara”, polo que “é todo un pouco caótico.” En relación a isto, outro dos adxectivos empregados polo Bloque para aludir ao goberno é o de “incompetente”, aducindo que están sen executar tódalas obras dos POS desde o 2017, agás unha, “e estamos falando que cada ano hai unha media de catro ou cinco.”

A formación nacionalista resume que se trata dun goberno “que vende moita pantalla, sobre todo, nas redes sociais de que o BNG non quere dialogar” e conclúe afirmando que o Bloque “ata o último momento está con acordos porque a prioridade son resolverlle os problemas aos veciños.”

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.