Rianxo vai conmemorar este xoves 12 de outubro cun novo espectáculo do ciclo Música na noite, con Maghúa (cantareiros) en concerto. Será este xoves ás 21.00 horas na praza da Veliña. Trátase dunha proposta organizada polo Concello ao abeiro do Programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Maghúa é un grupo de cantareiros afincados na Coruña (Xiao, Tito e Davide) e interesados en recuperar e transmitir a tradición da música oral galega acompañada de pandeireta e gaitas, e ocasionalmente de charanga (con requinta e saxo soprano).
O termo “manjúa”, empregado tradicionalmente na costa do Cantábrico para denominar un banco de peixe (sardiña, bocarte…), segue a ser utilizado na zona do Morrazo baixo a forma “maghúa”.
Son dous, basicamente, os obxectivos deste grupo de amigos: recuperar e transmitir tradición e pasalo ben.
Máis información sobre o grupo no seu Facebook.




