O PP de Ribeira insta ao Goberno local a que “retome e axilice a tramitación do novo polígono tras cen días de parálise”

20 Outubro 2023

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribeira presentou unha moción instando ao Goberno municipal a retomar e axilizar a tramitación do novo polígono pois, segundo sinalan na proposta, “logo de algo máis de 100 días de tripartito no Consistorio esta área industrial non experimentou ningún avance ao respecto, o que fai imposible que as obras poidan comezar antes do verán do ano 2024”.

Plano do novo polígono de Ribeira (Pedras Vermellas)

A xeito de exemplo desta suposta falta de avances, o PP critica que “seque sen chegar o informe da Deputación da Coruña, onde BNG e PSOE gobernan en coalición: un documento que cunha simple chamada telefónica se podería a arranxar”, comentan, engadindo que “o mesmo acontece coa resolución das alegacións á expropiación que, estando informadas, no foron levadas a pleno, o que impide aprobar o proxecto de urbanización”.

Na moción sinálase que “non se avanzou en ningún destes trámites como sería a obriga dun goberno responsábel e a aprobación dos orzamentos do ano 2023 non só o confirman, senón que deixan o descuberto a nula programación sobre o financiamento do novo polígono, cousa na que o goberno do Partido Popular, coa presenza dos empresarios locais, tiña arranxado”.

O Partido Popular engade “que non foron fáciles os trámites administrativos para chegar (sempre, co coñecemento e participación da Asociación de Empresarios de Ribeira) ata onde a nova corporación adquiriu a responsabilidade de xestionar o polígono de Pedras Vermellas”. A agrupación tamén fai saber, no capítulo de procedementos impulsados, que “houbo que cambiar unha lei de Galicia para que por interese público se puidera construír nun terreo afectado por un incendio forestal” e “tamén cambiar a edificabilidade do Polígono de Abesadas A”. Estes sinalan, foron dous arduos trámites “que tiveron que ser acompañados por cambios no propio PXOM do Concello”. E engaden: “Non valen as escusas de que a culpa vén de atrás cando todos e cada un dos trámites executados contaron coa unanimidade deste pleno e co coñecemento e aval da Asociación de Empresarios, porque estes retrasos fan que a programación prevista para o financiamento das obras sexa inviábel a día de hoxe”.

A moción conclúe deste xeito: “Tras estes tres meses e medio a sociedade ribeirense comeza a albiscar cales son as prioridades do novo executivo local, que non son outras que botar a culpa da súa incompetencia ao goberno anterior, deixando no caixón o que denominan grandes proxectos, por mais que todos eles son imprescindíbeis e urxentes para o futuro de Ribeira e foron avalados pola maioría do pleno de este Concello”.

Na proposta tamén cualifican de “electoralista” o encontro desta semana celebrado no Consistorio entre a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o alcalde ribeirense Luís Pérez Barral. “Esta xuntanza”, sinalan os populares locais, “no canto de expresar unha sincera preocupación en torno ao polígono de Pedras Vermellas, apunta á desenterrar aquel proxecto de macropolígono do que o bipartito PSOE-BNG foi incapaz de realizar nin un só trámite cando gobernaron a Xunta entre 2005 e 2009”.

O Grupo Municipal Popular propón declarar a tramitación de novo Polígono Industrial como “prioritario”, convocando de urxencia este pleno cando así fose necesario para acelerar o proceso; “dar prioridade nas contas municipais ao financiamento do novo polígono utilizando todos os recursos dispoñíbeis como os remanentes de tesourería que se obterán en 2024”; e “aprobar un cronograma de actuacións que permita coñecer a previsión de financiamento do mesmo, o prazo de licitación das obras dentro desde ano 2023 e o seu comezo antes do verán do ano seguinte, dando conta a corporación no seguinte pleno ordinario” .

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.