A veciñanza de Aguiño expuxo ante o Concello as súas demandas sobre a renovación da rúa Castelao

23 Outubro 2023

Membros do Goberno de Ribeira veñen de manter unha reunión na parroquia de Aguiño para, entre outras cousas, abordar as actuais obras que o Concello está levando a cabo na rúa Castelao; nun esforzo por “consensuar coa veciñanza as actuacións que se están a realizar” segundo afirmou o rexedor Luís Pérez Barral. Atendendo ás demandas das persoas residentes, o novo Goberno intentará “adaptar o sentido da circulación na rúa Castelao e as rúas lindeiras para evitar problemas no tránsito do tráfico” afirmou Vicente Mariño, tenente de alcalde de Ribeira, que engadiu que “tamén se manterán as zonas verdes existentes e realizaranse actuacións para mellorar a accesibilidade ao Centro de Saúde.”

O rexedor explicou que “estivemos estudando tódalas alternativas xunto cos técnicos do Concello para acadar tódalas melloras posíbeis neste proxecto”, explicou Luís Pérez.

O alcalde e o tenente de alcalde, Vicente Mariño, reafirmaron ademais o seu compromiso para realizar actuacións na rúa Francisco Lorenzo Mariño e mellorar a accesibilidade da mesma. “Seguiremos a realizar reunións en Aguiño; porque a veciñanza é a que mellor coñece as necesidades da parroquia e ten dereito a decidir onde se destinan os recursos do Concello” concluíu Luís Pérez.

A actuación da rúa Castelao foi posta en marcha polo anterior goberno de xeito unilateral sen ter en conta o parecer da veciñanza da parroquia. Os actuais membros do equipo de goberno, naquel entón na oposición, xa solicitaban abrir un diálogo coa veciñanza que permitira incorporar melloras que fosen aceptadas pola maioría social. Agora, dende o actual goberno municipal estivéronse a estudar tódalas vías posibles para facer fronte ás peticións da veciñanza, pero os informes técnicos resolven que non é viable incorporar certas melloras debido ao estado avanzado da obra, que impide modificar a actuación conforme ás demandas veciñais. Doutra banda, a obra está suxeita a fondos europeos que impiden facer cambios sustanciais no proxecto.

En relación á obra na rúa Francisco Lorenzo Mariño, o concello está tamén a traballar para que a vía poida estar asfaltada na maior brevedade de tempo e sen fochancas

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.