320 persoas beneficiaranse do proxecto de conservación do centro de rehabilitación integral de ACEM en Santiago

06 Setembro 2023

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) puido levar a cabo no mes de agosto o proxecto de conservación do seu centro de rehabilitación integral, unha actuación moi necesaria debido ao estado que presentaba derivado do paso de tempo e o uso. Unha importante mellora da que se verán beneficiadas 320 persoas, afectadas de esclerose múltiple, párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas e as súas familias, que reciben atención sociosanitaria no Centro.
O proxecto de “Conservación do Centro de Rehabilitación Integral de ACEM Santiago” está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF, a cal é xestionada dende COGAMI.
O proxecto tiña como obxectivo facer do Centro de Rehabilitación Integral un espazo agradable onde pasar tempo e favorecer a rehabilitación física e cognitiva; para o que se melloraron as condicións e incrementaron os espazos adicados as actividades terapéuticas grupais, favorecendo a participación dun maior número de persoas.
As actuacións conlevaron unha reorganización dos espazos de traballo, acondicionamento de ditos espazos coa renovación da pintura das paredes interiores do edificio, o pulido do chan e a corrección dos deterioros derivados do paso do tempo e do uso.
Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM)
A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) é unha entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 1995 co fin de contribuir a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por esta doenza, así coma a dos seus familiares e coidadores. Dende 2019 ACEM integra tamén ás persoas afectadas pola enfermidade de párkinson. No ano 2007 foi recoñecida como entidade de Utilidade Pública e no 2013 o seu Centro de Rehabilitación Integral declarado de interese municipal.
A ACEM conta con 28 anos de experiencia no colectivo de atención a persoas con discapacidade e dependencia. No seu Centro de Rehabilitación Integral ofrece unha atención multidisciplinar e integral, paliativa e preventiva a través dun equipo multidisciplinar de acción conxunta especializado no sector.
ACEM ten coma obxectivo principal mellorar a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA, e outras enfermidades neurodexenerativas semellantes, así como a dos seus familiares e coidadores. Pertence a COGAMI, FEGADEM e a AEDEM-COCEMFE e é entidade adherida á FEP, Federación Española de Párkinson.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.