A Policía Local de Rianxo redobrará esforzos nas Festas da Guadalupe para garantir a seguridade e a accesibilidade

06 Setembro 2023

A Policía Local de Rianxo emitiu un comunicado no que resume os dispositivos que se van levar a cabo no concello con motivo do comezo das Festas da Guadalupe, este venres 8 de setembro. O programa de acción inclúe por unha banda a habilitación de tres mil prazas de estacionamento para a festa en zonas como o porto, punta Fincheira, Rianxiño, Arcos Moldes, Xogo dos Bolos, Tanxil ou Martela, entre outros emprazamentos. Estas 3.000 prazas súmanse ás preto de 2.000 xa existentes.

Habilítanse tamén estacionamentos extraordinarios para persoas de mobilidade reducida na área de influencia da verbena, prazas que chegaran a un número de 30 o venres día 15.

Amais, a Policía Local de Rianxo dobrará a presenza habitual nas súas quendas de servizo, traballando ademais con policías doutros concellos en comisión de servizo, que reforzarán o control de tráfico e a seguridade estes días.

En materia de seguridade cidadá coordinouse tamén un dispositivo especial co corpo da Garda Civil de diferentes unidades tales como Unidades Territoriais de Seguridade Cidadá, USECIC, SEPRONA, Servizo Marítimo, Servizo Fiscal e Fronteiras, Equipos de Investigación e Agrupación de Tráfico.

Para o control do consumo de alcol a menores durante as festas e especialmente o luns día 12 (día das peñas), coordinouse un dispositivo coa Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (Policía Autonómica).

A seguridade das festas compleméntase con servizo de ambulancias e médico, bombeiros e protección civil.

A maiores disporase dun punto de información e asistencia emprazado no Espazo Violeta.

O transporte público verase tamén reforzado coa colaboración de profesionais do taxi doutras localidades limítrofes estando previsto o reforzo das liñas de autobuses o sábado día 16.

O comunicado da Policía Local de Rianxo remata pregando “á veciñanza e visitantes que desfruten das festas evitando condutas incívicas”. E engade: “Especialmente pregamos que non se usen vasos nin botellas de vidro e non se deposite lixo na zona da verbena para poder desfrutar total e plenamente do campo da festa. A comisión porá a disposición dos locais hosteleiros vasos de plástico reutilizábeis para tal fin”.

Estacionamento habilitado nas Festas da Guadalupe

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...