O pazo de Goiáns acolle o 29 de setembro a presentación de “Hotel Carioca”, de Antón Riveiro Coello

19 Setembro 2023

A Asociación Cultural Barbantia, a editorial Galaxia, La Voz de Galicia e o Concello de Boiro organizan este mes de setembro a presentación do novo libro do escritor limiao afincado na nosa comarca Antón Riveiro Coello, Hotel Carioca, gañadora do I Premio Álvaro Cunqueiro de Novela. A maiores, presentarase o suplemento número 187 do suplemento cultural A Voz de Barbantia elaborado pola dita asociación cultural e La Voz. A cita desenvolverase o vindeiro venres 29 de setembro ás 20.30 horas, no pazo de Goiáns, Boiro. Participarán María Xesús Blanco e Manuel Cartea (Barbantia), Marcos Calveiro (Galaxia) e Antón Riveiro Coello.

Hotel Carioca sitúanos no verán de 1982 durante os 13 anos de Helena, unha rapaza que entre outras dedicacións desenvolve o papel de lectora para a súa avoa, concretamente as cartas que lle chegan de Brasil da man do seu tío favorito, Leandro, até que un día chega unha misiva que dá unha viraxe á vida de Helena, que deberá asumir responsabilidades de escritora e de “construtora de realidades alternativas”.

Hotel Carioca é unha novela múltiple que contén outras novelas que van dende unha de formación a outra psicolóxica, pasando mesmo por unha policial. Cun estilo lírico, áxil e envolvente, Antón Riveiro aborda temas como a homosexualidade e a súa aceptación, os coidados, a eutanasia, a emigración, a amizade, a descuberta da sexualidade e, sobre todo, o fantástico e intuitivo mundo da creación artística.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.