Beep Rianxo achega un curso de competencias dixitais para mulleres do rural (de balde e con tableta de agasallo)

21 Setembro 2023

O establecemento BEEP Rianxo – Tenda R organiza esta tempada un curso homologado pola Xunta de Galicia destinado a loitar contra a fenda dixital de xénero no municipio rianxeiro e na súa contorna. Trátase dunha actividade formativa totalmente de balde e destinada a mulleres desempregadas do rural, para a adquisición de competencias dixitais orientadas ao emprendemento.

O curso comeza o 2 de outubro e desenvolverase de xeito presencial no devandito establecemento. Para calquera cuestión, podes contactar no teléfono 667 61 26 24 ou a través de beeprianxo@gmail.com. Serán 120 horas de contidos. As participantes recibirán unha tableta gratis ao participar no curso. Os bloques temáticos serán os seguintes: competencias dixitais básicas, competencias dixitais avanzadas e iniciación ás competencias dixitais para o emprendemento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.