Amicos realiza este sábado 30 de setembro a primeira xornada formativa do proxecto Erasmus+ INC Leisure

29 Setembro 2023


A asociación inclusiva da nosa comarca Amicos, celebra este sábado a que será a primeira xornada formativa do proxecto europeo (Erasmus+) INC Leisure. Desenvolverase baixo o lema Contruindo boas prácticas inclusivas en espazos de educación non formal. Levarase a cabo na Casa da Cultura (Boiro) .

A formación vai dirixida a profesionais da educación (profesores, persoal especialista, empresas de
lecer e tempo libre, familias). Esta xornada formativa ten como obxectivo principal promover a mellora continua na educación presentando as guías prácticas de uso materializadas ao abeiro do proxecto INC Leisure en colaboración con 3 entidades europeas (a Associaçao Grao Vasco de Portugal, o Colexio OURC DR Zlatan Sremec (Macedonia do Norte) e Asociación Babilón (Alacante) e financiada polo programa europeo Erasmus+.

Na xornada contarase coa presenza de Gey Lagar, destacada profesional no eido da inclusión social, a terapia, a asesoría e a formación. Cunha salientábel traxectoria e compromiso na promoción da inclusión social e o desenvolvemento humano, Gey é autora do programa Patios e Parques Dinámicos, fonte de coñecemento e orientación para aqueles interesados na creación de espazos inclusivos e dinámicos. A súa obra demostra, en palabras de Amicos, “a importancia e o compromiso coa construción de contornas de xogo que promovan a inclusión e a interacción de todos e todas nos espazos de de educación non formal”.

Na xornada tamén participarán profesionais do CEIP Santa Baia e o CEIP Carrasqueira, que falarán da
importancia dos “patios Inclusivos”, comentarán exemplos que representan boas prácticas que poidan axudar a crear un ambiente escolar máis equitativo, “onde todos os estudantes teñan a oportunidade de aprender, xogar e crecer xuntos”.

Por último, levaranse a cabo seminarios e obradoiros para todos os asistentes.

As persoas que precisen máis información sobre a xornada ou inscribirse nela poden facelo a través do formulario habilitado ou enviar un correo a colexio@amicos.org ou hola@amicos.org. Ou ben chamar ao 981 865 716.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...