Aberto até o 30 de novembro o prazo para que a mocidade solicite os avais públicos autonómicos para a compra da súa primeira vivenda

03 Agosto 2023

O prazo para que a mocidade galega de menos de 36 anos solicite avais públicos para a compra da súa vivenda vivenda (a través da sede electrónica da Xunta) ficará aberto até o 30 de novembro. A convocatoria conta cun orzamento global de ata 5 millóns de euros e ten como obxectivo concreto facilitar o acceso da mocidade galega ao seu primeiro fogar en propiedade a través da concesión de avais hipotecarios que poderán chegar ata o 20% do prezo de adquisición do inmoble por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

Na convocatoria especifícase que a vivenda terá que estar localizada en Galicia e destinarse a residencia habitual e permanente do comprador polo menos durante o período de duración do aval. Neste sentido, no momento en que o propietario abone á entidade financeira a cantidade equivalente ao aval público recibido, este perderá a súa vixencia.

Asemade, determínase que será condición imprescindible que a hipoteca para a que se solicita o aval supoña entre o 80% e o 100% do importe de adquisición da vivenda. Así mesmo, as contías que abone o beneficiario deberán destinarse exclusivamente ao pagamento da débeda hipotecaria.

Ademais, o importe de adquisición do inmoble non poderá superar as seguintes contías: 240.000 euros nos concellos da Coruña, Santiago, Vigo, Pontevedra e Ourense; 180.000 euros se se localiza nas cidades de Lugo e Ferrol ou en concellos de tamaño medio e carácter periurbano; e 130.000 euros no resto de municipios galegos.

Deste xeito e tendo en conta que o aval non pode exceder o 20% do prezo de compra da vivenda, a contía máxima respaldada pola Xunta será de 48.000 euros para o primeiro grupo de concellos, de 36.000 euros para o segundo e de 26.000 euros para o terceiro.

En canto aos requisitos dos beneficiarios, estes deberán acreditar uns ingresos anuais de entre 16.800 euros e 46.200 euros. Se a compra do inmoble corre por conta de máis dunha persoa, o límite conxunto elevarase ata os 54.600 euros.

Na convocatoria faise saber que o programa nace co obxectivo de “facilitar a adquisición da primeira vivenda aos menores de 36 anos, que en ocasións dispoñen de recursos suficientes para asumir a hipoteca pero carecen de aforros para dar unha entrada e que, grazas a este aval, poderán optar a unha hipoteca de ata o 100% do importe de compra”. Ademais, é compatible con todas as axudas que xestiona e convoca anualmente a Xunta co mesmo fin.

Axudas a 600 mozos galegos

A Xunta de Galicia axudou nos últimos tres anos a un total de 600 mozos galegos menores de 35 anos a comprar a súa vivenda habitual en concellos de menos de 10.000 habitantes.

O ano pasado, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concedeu máis de 360 axudas a mozos para facilitarlles a adquisición da súa vivenda neste tipo de concellos, é dicir, máis que nas dúas convocatorias anteriores xuntas.

A provincia da Coruña foi a que acumulou un maior número de beneficiarios, cun total de 150 axudas concedidas en 2022 por importe de máis de 1 millón de euros.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.