Detectan por primeira vez en Galicia exemplares do ‘mosquito tigre’, potencial transmisor de dengue, chikungunya ou Zica

09 Agosto 2023

A dirección xeral de Saúde Pública da Xunta, informou hoxe da detección no Concello de Moaña de exemplares do mosquito aedes albopictus, comunmente chamado ‘mosquito tigre’.

O goberno autonómico conta cunha Rede Galega de Vixilancia de Vectores que identificou durante o ano pasado máis de 6.000 exemplares de mosquitos con potencial interese pola súa capacidade de ser vectores de transmisión de enfermidades humanas e animais. Desde a posta en marcha este ano do novo Plan Nacional de Prevención, Vixilancia e Control das enfermidades transmitidas por vectores, Galicia colabora tamén co Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no impulso do proxecto de ciencia cidadá ‘Mosquito Alert’, que facilita a participación da cidadanía na achega de información sobre presenza de mosquitos a través dunha app.

Precisamente mediante ese método e grazas á colaboración dun veciño da localidade de Moaña se detectou a presenza de exemplares que, tralo estudo por parte da Rede Galega de Vixilancia de Vectores, se certificou que pertencían a esta especie, que é a primeira vez que se detecta na Comunidade Autónoma de Galicia.

Este mosquito é un potencial transmisor de enfermidades como os virus do dengue, chikungunya ou Zika. En consecuencia, o protocolo previsto no Plan Nacional leva a tomar medidas para previr o risco, aínda que non se puido aínda confirmar a presenza de ningún destes virus nos exemplares existentes en Moaña. De feito, a presenza deste mosquito noutras comunidades autónomas españolas non produciu circulación destes virus agás casos illados de dengue detectados en 2018 e 2019.

Comité técnico de coordinación

No marco do protocolo establecido no Plan Nacional de Prevención, Vixilancia e Control, a Xunta constituíu un comité de coordinación de carácter técnico para o que xa foron solicitados representantes aos departamentos autonómicos de Medio Ambiente, Medio Rural, Interior, á área sanitaria de Vigo e ao propio Concello de Moaña.

Este comité, coordinado pola subdirección xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía da dirección xeral de Saúde Pública, reunirase nos vindeiros días para planificar accións de reforzo da vixilancia da poboación deste mosquito co obxectivo de controlala para evitar a súa dispersión, así como reforzo da vixilancia epidemiolóxica ante posibles casos de picaduras e a difusión de consellos para a poboación á hora de evitar a proliferación de mosquitos e a súa picadura.

Información e consellos para a poboación

Recoméndase á poboación da zona afectada o mantemento de boa hixiene persoal e o uso de repelentes eficaces para minimizar o risco de picadura. As picaduras son moi molestas e poden producir reaccións alérxicas de certa gravidade.

O ‘mosquito tigre’ cría en pequenos recipientes que acumulan auga estancada durante máis dunha semana, polo que se recomenda revisar cada 4 ou 5 días lugares como bebedeiros de mascotas, floreiros ou pratos situados baixo as macetas para evitar que se creen hábitats propicios para a instalación do mosquito.

Por outra banda, a Xunta de Galicia agradece a colaboración cidadá na detección de presenza deste mosquito. A app Mosquito Alert permite enviar unha fotografía de mosquitos detectados para que sexan analizados por expertos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e da Rede Galega de Vixilancia de Vectores que a Xunta mantén en colaboración coas universidades de Santiago de Compostela e Vigo.

O mosquito aedes albopictus ou ‘mosquito tigre’ caracterízase pola súa coloración negra intensa cunha liña branca lonxitudinal central en tórax e cabeza e as súas patas a bandas negras e brancas. O seu tamaño pode oscilar entre os 5 e os 10 milímetros.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.