Adxudicados os traballos para dotar de rede de saneamento o lugar de Pousada (Araño)

20 Agosto 2023

O Concello de Rianxo informou da adxudicación dos traballos para dotar de rede de saneamento o lugar de Pousada, na parroquia de Araño. As tarefas serán executados pola empresa Mecano Obras y Reformas S.L. e contan cun orzamento de 204.235,27€.

O proxecto prevé conectar á rede xeral do Concello no Carballal, previo cruzamento da estrada autonómica AC305, un total de 25 vivendas do núcleo en caída sen empregar ningún pozo de bombeo. Fontes do Consistorio engadiron que “unha actuación previa nesta estrada antes da construción das beirarrúas do Araño favorece este cruzamento”.

Tras acometer as obras, o proxecto recolle a reposición en asfalto quente de todo o pavimento por onde discorre a obra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.