Acto de reflexión organizado pola Fundación Ría coa presenza do alcalde de Ribeira

23 Agosto 2023

Tras un convenio coa Xunta, a Fundación RIA está a elaborar propostas de intervención para mellorar a seguridade e recuperar a identidade urbana en 5 tramos prioritarios de Taragoña, Boiro, Escarabote, A Pobra do Caramiñal e Coroso.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e a concelleira de Educación, Formación, Igualdade, Diversidade e Atención ás Parroquias, Cruz Rivadulla acudiron hoxe ao acto de reflexión organizado pola Fundación Ría sobre a estrada AC- 305 ao seu paso polo núcleo de Coroso.

No evento tivo lugar un debate sobre a seguridade da vía e sobre os valores patrimoniais, urbanísticos e identitarios da contorna, identificando as necesidades da veciñanza.

O alcalde Luís Pérez destacou a necesidade de incorporar máis zonas verdes e de sombreado ao longo desa estrada. “Sería conveniente reducir tamén o ancho dos carrís para que os vehículos circulen a menor velocidade” comentou. Pola súa parte, Cruz Rivadulla destacou algúns problemas de seguridade vial e accesibilidade que tamén sería preciso abordar na estrada pertencente á Xunta.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.