O Concello de Rianxo informou de que o vindeiro luns 28 de agosto comezarán as obras de mellora do firme na Rúa Rosalía de Castro. Dende o Consistorio explicaron que está previsto que a actuación, executada pola Deputación da Coruña, sexa desenvolvida unicamente durante esa xornada. Para facilitar os traballos previstos, cortarase o carril de baixada.
Durante as seguintes xornadas tamén se actuará na DP-7203, no último treito desta que une coa AC-305, así como na DP-7202 entre A Atalaia e a igrexa parroquial de Asados aproximadamente.




