Migallas achégase este martes a Goiáns (Boiro) co seu espectáculo “Cantaxoga”

28 Agosto 2023

A compañía galega Migallas Teatro estará este martes 29 de agosto en Boiro para representar o seu espectáculo musical e humorístico Cantaxoga, dirixido a público infantil e familiar. Será ás 12.00 horas no Coído, en Ponte Goiáns.

Cantaxoga é un espectáculo de teatro e música onde María Campos e Carlos Yus interpretan cancións dos discos Canta connosco! e Pan de millo acompañados por unha banda de pulgas (a música e os coros están gravados pero as voces solistas son ao vivo) e realizan sktechs cómicos relacionados cos contidos das cancións.

Entre outros obxectivos, este espectáculo ten como finalidade demostrar que na lingua galega, ademais da música tradicional, teñen cabida todos os estilos e tendencias musicais: rock, cumbia, rap, reggae, pasodobre, rumba, fusión étnica…

Un dos sktechs é o relativo ao O rap da lingua, onde se anima dun xeito humorístico as nais e os pais e as persoas adultas en xeral a falarlle en galego á cativada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...