Por mor das condicións meteorolóxicas adversas deste venres 28 de xullo, o Concello de Rianxo decidiu cambiar as datas do Festival da Lúa, que pasa a celebrarse este sábado 29 e este domingo 30 de xullo. O certame, a través do cal reivindícanse os espazos singulares da vila e a súa contorna mediante iluminación creativa e artística, música e danza, vén da man do Concello en colaboración de SnellvanRoyen, Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa, Escola de Música de Rianxo, Escola de danza Oitos e Fotos de Rianxo.
-DÍA: sábado 29 e domingo 30 de xullo
-HORA: a partir das 22.00 horas



