Renovación da directiva na Mancomunidade Barbanza Arousa

21 Xullo 2023

A Mancomunidade Barbanza Arousa realizou o seu pleno de constitución, logo das pasadas eleccións municipais que se saldaron con tres novos alcaldes, os da Pobra, Ribeira e Rianxo. Na sesión constitutiva deste venres 21 de xullo tomou posesión a nova directiva. Renovando a presidencia de José Ramón Romero, alcalde de Boiro; tomou posesión por primeira vez como vicepresidente Luis Pérez, alcalde de Ribeira e, no cargo de vogais, Julián Bustelo, alcalde de Rianxo; e José Carlos Vidal, alcalde da Pobra do Caramiñal.

Esta renovada directiva continúa as liñas de traballo iniciadas nestes últimos anos e afronta a execución de ambiciosos proxectos coma o Plan de Sustentabilidade Barbanza Arousa. Viaxe s través dos Sabores, cun investimento de 1,5 millóns de euros a executar en tres anos.

Segundo fixeron saber os alcaldes, a partir deste pleno comeza o traballo conxunto para seguir cos obxectivos de desestacionalización do turismo, posta en valor da enogastronomía, natureza e Camiño de Santiago e potenciar a calidade e a diferenciación.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.