A Xunta enxalza na Lonxa de Ribeira os valores do proxecto Mar de Amicos

19 Xullo 2023

A Lonxa de Ribeira acolleu este 19 de xullo a presentación dos resultados e calendario de actividades do proxecto Mar de Amicos de turismo accesíbel e inclusivo no sector pesqueiro que promove a Fundación para a pesca e o marisqueo (Fundamar) e a Asociación Amicos, co apoio da Rede Eusumo da Xunta no Barbanza. Estiveron presentes os responsábeis das ditas entidades, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e máis o secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, e a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón.

O secretario xeral destacou a dobre vertente do programa que, por unha banda, desenvolve accións de turismo accesíbel e inclusivo no ámbito do patrimonio marítimo pesqueiro a través das entidades de economía social e, por outra, favorece a creación de empregos de persoas con discapacidade.

Fernández amosou a súa “honra” por formar parte do proxecto que quere “impulsar a promoción do turismo sen barreiras en torno ao patrimonio marítimo pesqueiro, en base aos principios da economía social”. Destacou que Mar de Amicos estea centrado en “xerar oportunidades reais de empregabilidade para as persoas con discapacidade” e que conte coa Rede Eusumo como eixo de unión.

O proxecto, dixo, exemplifica o traballo da Rede Eusumo a favor da economía social que, ademais de exercer como piar deste proxecto entre Fundamar e Amicos, “encárgase de sustentar este modelo económico, divulgar e promover o coñecemento dos seus beneficios entre a poboación e fomentar o cooperativismo en Galicia”. Na actualidade, a Rede Eusumo conta con 97 entidades adheridas.

Recordou tamén que “a Xunta mantén unha estreita colaboración con Amicos a través da Consellería de Política Social e Xuventude, por medio do concerto de prazas nos seus centros e tamén coas liñas de axudas destinadas ás entidades sociais de Galicia”. Así, nos últimos meses, Amicos recibiu axudas que ascenden a 1,2M€ para ampliar a súa residencia en Boiro ou 65.000€ para a adquisición de dous vehículos, explicou, pola súa banda, a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón.

Os obxectivos do programa Mar de Amicos, indicaron ambos os dous representantes da Xunta de Galicia, “reflicten o compromiso que guía as actuacións do Goberno autonómico no sector marítimo-pesqueiro, a favor do seu desenvolvemento sustentable, pola mellora da calidade de vida dos seus profesionais e no impulso ao acceso igualitario e sen discriminacións ao traballo neste sector”.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.