Galiza Nova fortalécese na comarca do Barbanza con Inés Vázquez á cabeza

18 Xullo 2023

A asemblea comarcal de Galiza Nova no Barbanza reuniuse este luns 17 de xullo co obxectivo de rexurdir o traballo xuvenil nacionalista na zona e elixiu á rianxeira Inés Vázquez como responsábel comarcal.

“Para min é un orgullo asumir a responsabilidade, mais isto é un traballo colectivo e estou segura de que entre todas e todos faremos que Galiza Nova chegue a todos os concellos desta banda da ría”, sinalou Inés, “é o momento de que os mozos comecemos a mirar polo noso, que ao final o futuro que se está formando é o que a nós nos espera” engadiu.

Na xuntanza contaron coa presenza de Marta Gómez, secretaria xeral da organización, que sinalou que “é unha realidade que o nacionalismo e a vontade de organizarse están medrando entre a mocidade e vese reflectido na creación de novas asembleas comarcais e locais por distintas zonas do país”.

Ademais da elección de responsabilidades, na xuntanza tamén planificaron o traballo a realizar nas vindeiras semanas. As nacionalistas participaran nos actos que organiza tanto o BNG como Galiza Nova os días 24 e 25 de xullo con motivo do Día da Patria Galega e anuncian a chegada da Furgo de Galiza Nova o vindeiro día 19 de xullo en Ribeira.

“Retomamos a actividade case no ecuador da campaña, non podíamos deixar de transmitir a mensaxe que o BNG ten para a mocidade galega e iso estaremos facendo o vindeiro 19 de xullo en Ribeira” apuntou Vázquez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.